
…E remata o curso. Un tendal onde se colgaron día a día calcetíns de tódalas cores, tamaños, fios…un tendal infinito coma os propios ecos das escolas. Grazas ós meus nenos e ás miñas nenas por ilusionar o meu despertador cada mañán, grazas ós meus nenos e ás miñas nenas por ensinarme que a vida ten tantas lecturas como persoas que a sinten e a len. Grazas ós meus compañeiros e ás miñas compañeiras polo aprendindo e polo desaprendido; polo compartido, polos sorrisos cómplices e desinteresados, polos silencios cheos de palabras que non son necesarias pronunciar. Grazas polas mans doces tendidas.
Grazas ás familias que tamén colgaron os seus calcetíns de Aguiño. Grazas ás persoas que atoparon e abriron neste blogue unha ventaniña a unha aula de 5 anos.
Grazas ás familias que tamén colgaron os seus calcetíns de Aguiño. Grazas ás persoas que atoparon e abriron neste blogue unha ventaniña a unha aula de 5 anos.





1 comentarios:
Un saúdo desde Taragoña aos calcetíns de Aguiño. Encantounos sentirnos así, tan pertiño ao longo deste curso. Boas vacacións para tod@s, cheas de ricas experiencias e sensacións para levalas con nós á escola o curso que vén.
Un bico especial para quen argalla este tendal co que nos sentimos tan identificad@s.
Bo verán!
www.educaldea.org
www.blogoteca.com/bbs
Postar um comentário