terça-feira, 1 de janeiro de 2008

Preparando o festival.







O último día tivemos o festival de Nadal. Tiñamos preparada unha coreografía ca versión de Luar na Lubre, "os animais de dous en dous" pero non nos funcionou o cd que levamos así que a profe lle pediu o público que cantase a canción de "un elefante se balanceaba..."porque é unha canción que sabe todo o mundo.Ó final non saíu nada como tiñamos planexado, pero non pasa nada, porque nos ensaios sempre o pasamos moi ben e fumos decidindo entre todos/as o que iamos facer: primeiro unha coreografía, logo rimas de sortes e para finalizar outra pequena coreografía de despedida.