terça-feira, 1 de janeiro de 2008

Escribimos a Papa Noel e Os Reis Magos de Oriente...



Uns días antes do festival escribimos "unha carta de desexos" entre todos/as. Non pedimos nada para nós, pedimos para os nenos e as nenas que non teñen tanta sorte coma nós. Iamos dicindo e fixemos unha lista: xoguetes, escolas, casas, mantas, roupas,..e logo falamos de como sería a nosa vida sen xoguetes, sen ordenadores, sen comida, sen auga, sen zapatos...Esperamos que con estas cartas lle chegue dende Aguiño un bico de calor a tódolos nenos e nenas do mundo.






Un mundo de sensacións en constante movemento, cando se ten 5 anos, a maxía existe...Grazas a ANPA por este Papa Noel.