quinta-feira, 27 de dezembro de 2007

A nosa árbore de Nadal feita con latas polo Equipo de Medio Ambiente.

O Equipo de Medio Ambiente do colexio sempre está facendo cousas moi interesantes. Fai pouco fumos a sala de audiovisuais para ver unha presentación que fixeron co conto dos bolechas sobre enerxías renovables. Para o Nadal fixeron esta árbore con latas. Tamén axudou moito Andrés, que é o noso conserxe. As latas trouxémolas de casa os nenos e as nenas, tanto de Infantil como de Primaria.
Esta árbore é unha obra de arte, e dí a profe Uxía, q as obras de arte temos que velas de pé, acostados, tapando un ollo, por debaixo das pernas, dando saltos...é curioso, dependendo de como a vexamos é máis grande, máis pequena, máis díficil de ver as cores,...ogallá nos museos nos deixaran facer todas estas cousas!






Xogando con teas e zapatos.


























Xuntámonos a clase da profe Uxía e da profe Paula no ximnasio,tamén viu a profe Ana a xogar con nós. Levamos os zapatos, as teas e algunhas pezas de roupa que temos para disfrazarnos. Un coello, unha gaivota verde, un robot, unha super heroína, unha serpe con cinco ollos...as teas son como capas máxicas que nos converten no que desexemos ser en distintos intres da nosa vida, vides a xogar con nós?
boomp3.com

Zapatos de Nadal.


Como xa dixemos, calquer tema pode ser traballado de infinidade de formas, e por iso, o nadal, non so se presta para traballar pintando sobre papeis. Este ano, a profe Paula e a profe Uxía, decidiron montar un obradoiros de zapatos para estas datas. Pediuse colaboración as familias e o resto do profesorado. A resposta foi realmente extraordinaria e montamos entre as dúas clases unha zapateria moi grande. As profes dín que é moi importante manipular os obxectos que imos estudiar e por iso xogamos cos tamaños, cas cores, fixemos conxuntos dos que tiñan cordóns e non tiñan,..hipotetizamos sobre as persoas que os levaban...fixemos series con distintos criterios (grandes-pequenos, abertos ou pechados...,Tamén, cas pegadas, utilizando témpera pintamos un mural. Sabemos que non é o típico que se soe ver colgado por estas datas, pero é o noso mural de Nadal feito con zapatos, cos nosos zapatos. Cada quen preparou un zapatiño, con gomets, pintura e spray de ouro. Ese zapatiño con moito mimo levámolo para casa e o puxemos onde Papa Noel e os Reis Magos deixan os agasallos tódolos anos. Este ano vanse a atopar co noso zapatiño...O noso zapatiño de Nadal.







quarta-feira, 26 de dezembro de 2007

Castiñeiros e castañas.



O calendario mariñeiro.



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingúística invitounos a participar na elaboracion do calendario mariñeiro para o ano 2008. Cada clase fixo un mes, a portada e a contraportada. A nós tocounos o mes de Novembro. Fíxose unha recopilación de ditos, refráns, poemiñas...relacionados ca mar, e logo nos fixemos a ilustración. Foi unha obra feita entre todos/as como xa comentamos fai algún tempo. Agora xa se repartiron os calendarios e cada quen xa ten un na casa, cos meses en galego, na nosa lingua.
Este é o poemiña que ilustramos e recitamos xogando o eco das mil voces:
Vento, ventiño do norte.
Vento, ventiño mareiro.
Vento, ventiño do norte.
Sera-lo meu compañeiro.

Abre os ollos...Unha aperta de benvida.

Esta é unha das nosas cancionciñas de bos días e benvida preferidas:
Abre os ollos
e desperta,
xa estamos aquí,
para darnos unha aperta.




terça-feira, 25 de dezembro de 2007

Columpios ata o ceo..







Non so se viaxa en autobús, en coche, en barco…tamén se viaxa a través da Arte, e por iso nós sempre estamos viaxando a lugares coñecidos pero observandos por outros ollos e sentidos por outros corazóns, e pulmóns, e riñons..e que dí o teu corazón? e que dín os teus pulmóns? e que dí...cando estás paseando por unha obra de Miró?.. (que di a profe Uxía, que se sinte con todo o que temos no corpo, e son moitas cousas….) e tamén viaxamos a lugares moi lonxanos, lugares que tan so os zapatos da imaxinación poderán pisar... As veces con fotos de obras, as veces con reproduccións en fotocopias, outras con vídeos no ordenador, en libros…as persoas que viaxan moito contan moitas historias, e por iso nós tamén queremos viaxar para escribir o noso propio libro de imaxes, de olores, de sons…Porque non so se escribe con letras, tamén se escriben con cores, con formas, cun sorriso , cunha mirada nos espellos das distintas obras polas que voamos….Se xogamos sobre moitas obras de arte, como parques con columpios que nos deixan darlle un bico as nubes, logo, poderemos pintar os nosos tobogáns,...

Unha excursión, unha excursión da nosa memoria de 5 anos: Castro Neixón.






Cando temos 5 anos, ir de Ribeira ata Boiro, ata Castro Neixón, implica multiplicar os poucos kilómetros que hai por nerviosismos, curiosidades, expectativas… entón esta distancia parece alongaaaaaaarse ata o infinito. No autobús o tempo do reloxio non é o mesmo tempo que percibimos, porque son millóns de horas e poucos minutos ó mesmo tempo, parece que as agullas queren xogar con nós, estamos desexando chegar ó destino, e estamos desexando que nunca se acabe... : compartindo asento e confidencias, coreando cancións coñecidas, descoñecidas e improvisadas. Rindo, mirando a paisaxe en movemento…As excursións da escola van quedando escritas na nosa memoria, memoria que probablemente co paso do tempo será nostalxia.




sábado, 8 de dezembro de 2007

Pop Art: O meu plátano, o teu plátano...

Tódalas semanas a profe soe poñer un vídeo onde hai moitas obras de arte. Estamos moi atentos/as porque temos que descubrir cousas que se agachan entre as cores, as pinceladas,...a forma de interpretar e sentir o mundo e os seus elementos de distintos/as artistas.Neste tiñamos que buscar cousas que se poidan comer: un plátano que ía cambiando de cores, unha tostada do almorzo...cada artista pinta, esculpe, serigrafía, estampa...dun xeito distinto, coma nós, que pintamos 17 plátanos distintos, 17 plátanos que temos hoxe na nosa cabeza e no noso corazón e que quizais mañán xa mude de monda, ou de tamaño...Son os nosos plátanos irrepetibles e insustituibles.


O dereito de ser neno e nena.

Para os meus nenos e nenas de Aguiño, para os/as de Galiza, para todos e todas do mundo mundial..........

quinta-feira, 6 de dezembro de 2007

Construíndo pontes: Os nosos amigos e amigas de Baiuca.

Xa empezan a chegar as primeiras pedras da ponte que imos construír este curso no noso cole ca escola de Baiuca en Catoira. A clase de 4 anos construirá unha ponte ata Salceda, a de 3 anos da profe Tere con Cambre e a de 3 anos da profe Silvia con Narón.
A profe Uxía nos estivo explicando onde estaba Catoira nun debuxo moi grande que se chama mapa. Agora sabemos onde está Aguiño e onde está Catoira. Estivemos facendo un libro cas iniciais dos nosos nomes e logo o metemos nun sobre grande co enderezo do seu cole e por detrás a do noso. Andrés, o conserxe, levouno a correos. Eles/as preguntáronnos por email: para que serven os números? e nós estamos facendo unha lista no ordenador para mandarlla tamén por email. Poñémonos moi contentos/as cando recibimos novas dos nosos amigos e amigas. Mans a obra para esta ponte!.

Empezamos un novo proxecto: Os zapatos de Nadal.




Os animais de dous en dous, uap...

Estamos buscando cancións para preparar o festival do nadal. O profe Ramón pasounos esta versión de Luar na Lubre. Gústanos moito e estamos pensando como podemos facer a coreografía.



Tamén estivemos pensando en preparar a de Toquinho, unha das cancións preferidas da profe Uxía. Escoitámola en varios idomas: portugués,italiano, español...

Cumpreanos de Javi, Adrián Parada e Luis.






Para eles de agasallo este vídeo tan doce:

O calcetín da clase da profe Tere.





Hoxe chamaron a porta. Era Andrés, o conserxe, cun paquete e un sobre. ¿De quen será? ¿Dos nenos e das nenas de Baiuca? ¿Dalgún/a admirador/a secreto/a?, aiiiiiiiiiiii que nervios. Abrimos o paquete….¡Mima, un enorme calcetín vermello! e cando leimos a carta descubrimos que era da clase da profe Tere. ¡Menuda sorpresa! Fumos a súa clase a darlle as grazas e logo os nenos e as nenas de tres anos viñeron a nosa de excursión. Por momentos así merece a pena levantarse cada día e ser mestra dentro dun equipo. ¡Grazas Tere!.

A toupeira trapalleira.

A partir de agora intentaremos que os textos que vaiamos escribindo tamén teñan a súa versión en audio, como dí a profe Belén (que foi a que nos pasou esta aplicación)
é moi interesante para o alumnado de Educación Infantil e Educación Especial. Grazas profe Belén por isto e por moito máis.
Este é o poemiña que estamos traballando estos días.

A toupeira trapalleira,
caeu na cova da palleira.
Manchou a cara enteira
e bañouse ca mangueira.