quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Seguimos investigando.

Hoxe estivemos mirando este vídeo que atopou a profe Paula en Internet. Cada vez que traen algo novo para esta investigación os nenos e as nenas de 4 anos sempre o comparten con nós: fotos, debuxos,...e nós tamén lles levamos cousas. O principio costábanos compartir, pero agora nos gusta moito porque así aprendemos moitas máis cousas.



Xa sabemos, canto poden chegar a medir,como respiran, cantas crías poden chegar a ter, as súas partes...pero o máis importante é que estamos aprendo a buscar información e a atopala en distintos formatos: en internet, en vídeos, en contos, en enciclopedias...
Dín as mestras que todo o que aprendemos vaise escribindo na nosa cabeza e no noso corazón e que logo podemos expresalo con distintos materiais, como fan os/as artistas. Na clase temos uns feitos con pedras, outros con barro, con ferro,...Estamos pensando en como facer un con botellas de plástico, xa empezamos cos bocetos, porque os/as artistas fan moito, moitos bocetos e son tan importantes como a obra.

sábado, 17 de novembro de 2007

Un novo compañeiro e amigo. Benvido Iker.



Para darlle a benvida a Iker cada un/a de nós deulle cousas da súa caixa de tesouros: chapas, caracois, cunchas, pedras...son cousas moi valiosas para nós, ó igual que ter un novo compañeiro, un novo calcetín no noso tendal.

Obra de arte efímera e colectiva.


Aquí estamos facendo unha ilustración sobre o mar.Primeiro puxemos telas e cartulinas de cores. Logo cada quen colocou o seu calcetín e algunha cousiña da súa caixa de tesouros. Por exemplo: Sara puso a súa cuncha de vieira que é máis grande de toda a clase, Ana a súa estrela de mar amarela...e así peza a peza fixemos un puzzle no chan, ordeando e desordeando ó noso antollo. Esta ilustración formará parte do almanaque que estamos facendo entre tódalas clases do cole.

Unha película de misterio: A maxia do Samaín.


boomp3.com