terça-feira, 25 de dezembro de 2007

Unha excursión, unha excursión da nosa memoria de 5 anos: Castro Neixón.






Cando temos 5 anos, ir de Ribeira ata Boiro, ata Castro Neixón, implica multiplicar os poucos kilómetros que hai por nerviosismos, curiosidades, expectativas… entón esta distancia parece alongaaaaaaarse ata o infinito. No autobús o tempo do reloxio non é o mesmo tempo que percibimos, porque son millóns de horas e poucos minutos ó mesmo tempo, parece que as agullas queren xogar con nós, estamos desexando chegar ó destino, e estamos desexando que nunca se acabe... : compartindo asento e confidencias, coreando cancións coñecidas, descoñecidas e improvisadas. Rindo, mirando a paisaxe en movemento…As excursións da escola van quedando escritas na nosa memoria, memoria que probablemente co paso do tempo será nostalxia.